martes, 20 de abril de 2021

VISITA DE CARDIO ( PROGRAMA SI, SAÚDE INTEGRAL)












O pasado 6 de abril recibimos no cole a esperada visita de CARDIO (como xa sabedes, a mascota do programa SI!, programa  que levamos a cabo no centro).

Cardio foi recibido, en 3 sesións diferentes, polos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos. No patio de entrada, colocado  cada grupo en liña, enfrontados e cunha distancia entre grupos de 4 ou 5 metros, Cardio  saltaba, corría, saudaba aos nenos e ás nenas e bailaba ao son da música, incitando a todos a moverse como el. O monitor que o acompañaba explicoulles a importancia de coidar o corazón comendo moita froita e verdura, asi como facendo deporte. Despois, Cardio repartiulles un agasallo: unha bolsiña con 4 gominolas que, aínda que podan parecer pouco saudables, están feitas con zume de froita natural 100%. Finalmente retratouse con  cada grupo e despediuse ata o vindeiro ano pedindo a todos os nenos e nenas o compromiso de protexer e coidar cadanseu corazón.

Catro nenas de 5 anos entregáronlle uns debuxos que lle fixeron como agradecemento en canto souberon que viría facernos a visita. 
Tamén estiveron presentes as cámaras de TELEMIÑO facendo unha pequena gravación que se emitirá na TV. 

O alumnado de 3 anos mostrouse moi sorprendido ante o tamaño de Cardio e, como cabía esperar, expectante e comedido. Os demais grupos, nerviosos, pero moi participativos porque xa son coñecedores deste experiencia. Todos gozaron un montón. Foi un "alborotado" día de regreso ao cole despois das vacacións.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

ALBUM "ECOPEREGRINOS NO BO CAMIÑO" (CURSO 2020/2021)

EDUCACIÓN INFANTIL                                                            EDUCACIÓN PRIMARIA                                           ...