luns, 30 de novembro de 2020

BENVIDAS E BENVIDOS

Comezamos un novo Blog/ proxecto no Ceip P. Albino Núñez, con moita ilusión neste curso atípico e diferente. 

Co PDC  "CEIP Plurilingüe Albino Nuñez" 2020/2021, Centros activos e saudables,  pretendemos crear un centro mais activo e saudable, pero tamén mais inclusivo, diverso, dinámico e adaptado aos tempos; tendo en conta a nosa PXA e o PE. Ubicado dentro do PLAN PROXECTA DA XUNTA.     

Co noso plantexamento do proxecto fomentaremos a saúde global e a practica diaria de actividade física dentro e fora do horario lectivo e centro.

O obxectivo fundamental é que o alumnado, profesorado e inclusive familias, leven un estilo de vida mais activo e saudable, con mais horas de actividade física no seu día a día, abordando o sedentarismo e o sobrepeso ou enfermidades que acarrea.

Preténdese tamén que unido a actividade física, movemento e saúde, vaia a diversión, o dinamismo, a inclusión, a aprendizaxe cooperativa e experiencias significativas.


As actividades do PDC (PLAN PROXECTA) organizaranse en 4 ÁMBITOS TEMPORAIS:

* FÓRA DO CENTRO E FÓRA DO HORARIO LECTIVO:

Páxina web, blog e aula virtual.

Realización de actividad física, exercicio e deporte en tempos de lecer e períodos vacacionais.

* DENTRO DO CENTRO E DENTRO DO HORARIO LECTIVO:

Recreos activos e patios dinámicos.

Campañas para a promoción da saúde, actividade física, exercicio e deporte.

Obradoiros e celebracións.

Submodalidade MÓVETE + : crearanse coreografías e videos, fomentando a danza, o baile, movemento e creatividade. 

Submodalidade XOGADE: actividade deportiva escolar, xogos populares...

Submodalidade MILLA DIARIA

* FÓRA DO CENTRO E DENTRO DO HORARIO LECTIVO:

- Participación en XOGADE ( Deporte escolar- campo a través...).

- Actividades físico-deportivas do concello: correlingua...

*DENTRO DO CENTRO E FÓRA DO HORARIO LECTIVO:

- Apertura de instalacións para uso deportivo ( previa solicitude)


*Mestres participantes: Patricia Ramirez Mancebo (Primaria), Laura Lopez Blanco (Musica), Angeles Olalla Ferreiro Cao ( Primaria), Luis Miguel Cadavid Menor ( Infantil) e Xosé Rodriguez Iglesias (EF).

*Persoa coordinadora: Laura Pazos Pascual (mestra Educación Fisica e psicomotricidade)

ALBUM "ECOPEREGRINOS NO BO CAMIÑO" (CURSO 2020/2021)

EDUCACIÓN INFANTIL                                                            EDUCACIÓN PRIMARIA                                           ...