martes, 22 de decembro de 2020

BO NADAL DENDE O CEIP P. ALBINO NÚÑEZ

E  chegou por fin o NADAL, pero claro, este NADAL é un pouco especial... non é posible xuntarnos nin participar nunha celebración conxunta como nos gustaría. Pero, non podemos deixar que os nenos e as nenas perdan a ilusión por estas datas tan entrañables e cheas de ilusión e felicidade para eles.

Así que aínda que sexa sen público, dende os máis cativos ata os maiores, as nenas e nenos de Educación Infantil e Primaria quixeron demostrar as súas grandes dotes como bailaríns e coa sua característica enerxía facernos mover a todos nestas datas.

Practicaron as coreografías en psicomotricidade, educación física, nos recreos e tempo libre....con enerxía e con todo o cariño e coa mesma ilusión de sempre.

MÓVETE + E BO NADAL


Aquí tedes o vídeo feito con anaquiños de todas as actuacións (en vindeiros días estarán dispoñibles as actuacións completas de cada curso):


ALBUM "ECOPEREGRINOS NO BO CAMIÑO" (CURSO 2020/2021)

EDUCACIÓN INFANTIL                                                            EDUCACIÓN PRIMARIA                                           ...