martes, 20 de abril de 2021

CUESTIONARIO HÁBITOS SAUDABLES PARA ALUMNADO E FAMILIAS

Mediante estes cuestionarios, elaborados por profesionais da alimentación e nutrición, que están a traballar actualmente no noso centro, preténdese establecer unha relación entre os hábitos alimentarios que teñen as familias, xa que so podemos controlar a alimentación dos nenos na comida, xa que o resto do día non tenemos referencias do seu consumo e unha vez recollidos os datos, analizar os resultados obtidos e levar a cabo unhas medidas saudables. 

O cuestionario consta de duas partes, a primeira vai dirixida aos nenos, para que, con axuda, cubran unha serie de preguntas sinxelas en cuanto a sua alimentación na casa. A segunda parte, son unha serie de preguntas un pouco mais amplas dirixidas aos pais para analizar a situación alimentaria da familia a nivel xeral.

OBXECTIVOS NENOS

- Coñecer os seus gustos alimentarios 

- Actividade física 

- Dieta que seguen 

- Promoción de hábitos saudables

OBXECTIVOS PAIS

- Tipo de alimentación no ámbito familiar 

- Forma de cociñar e preparar os alimentos 

- Influencia dos pais nos fillos

- Promoción de hábitos saudables


CUESTIONARIO DE HABITOS ALIMENTARIOS (google.com)


Cuestionario padres (google.com)



VISITA DE CARDIO ( PROGRAMA SI, SAÚDE INTEGRAL)












O pasado 6 de abril recibimos no cole a esperada visita de CARDIO (como xa sabedes, a mascota do programa SI!, programa  que levamos a cabo no centro).

Cardio foi recibido, en 3 sesións diferentes, polos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos. No patio de entrada, colocado  cada grupo en liña, enfrontados e cunha distancia entre grupos de 4 ou 5 metros, Cardio  saltaba, corría, saudaba aos nenos e ás nenas e bailaba ao son da música, incitando a todos a moverse como el. O monitor que o acompañaba explicoulles a importancia de coidar o corazón comendo moita froita e verdura, asi como facendo deporte. Despois, Cardio repartiulles un agasallo: unha bolsiña con 4 gominolas que, aínda que podan parecer pouco saudables, están feitas con zume de froita natural 100%. Finalmente retratouse con  cada grupo e despediuse ata o vindeiro ano pedindo a todos os nenos e nenas o compromiso de protexer e coidar cadanseu corazón.

Catro nenas de 5 anos entregáronlle uns debuxos que lle fixeron como agradecemento en canto souberon que viría facernos a visita. 
Tamén estiveron presentes as cámaras de TELEMIÑO facendo unha pequena gravación que se emitirá na TV. 

O alumnado de 3 anos mostrouse moi sorprendido ante o tamaño de Cardio e, como cabía esperar, expectante e comedido. Os demais grupos, nerviosos, pero moi participativos porque xa son coñecedores deste experiencia. Todos gozaron un montón. Foi un "alborotado" día de regreso ao cole despois das vacacións.



ALBUM "ECOPEREGRINOS NO BO CAMIÑO" (CURSO 2020/2021)

EDUCACIÓN INFANTIL                                                            EDUCACIÓN PRIMARIA                                           ...