Comezamos un novo Blog/ proxecto no Ceip P. Albino Núñez, con moita ilusión neste curso atípico e diferente.
Co PDC "CEIP Plurilingüe Albino Nuñez" 2020/2021, Centros activos e saudables, pretendemos crear un centro mais activo e saudable, pero tamén mais inclusivo, diverso, dinámico e adaptado aos tempos; tendo en conta a nosa PXA e o PE. Ubicado dentro do PLAN PROXECTA DA XUNTA.
Co
noso plantexamento do proxecto fomentaremos a saúde
global e a practica diaria de actividade física dentro e fora do horario
lectivo e centro.
O obxectivo fundamental é que o
alumnado, profesorado e inclusive familias, leven un estilo de vida mais activo
e saudable, con mais horas de actividade física no seu día a día, abordando o
sedentarismo e o sobrepeso ou enfermidades que acarrea.
Preténdese tamén que unido a actividade
física, movemento e saúde, vaia a diversión, o dinamismo, a inclusión, a
aprendizaxe cooperativa e experiencias significativas.
As actividades do PDC (PLAN PROXECTA) organizaranse en 4 ÁMBITOS TEMPORAIS:
*
FÓRA DO CENTRO E FÓRA DO HORARIO LECTIVO:
Páxina
web, blog e aula virtual.
Realización de actividad física, exercicio e deporte en tempos de lecer e períodos vacacionais.
*
DENTRO DO CENTRO E DENTRO DO HORARIO LECTIVO:
Recreos activos e patios dinámicos.
Campañas para a promoción da saúde,
actividade física, exercicio e deporte.
Obradoiros e celebracións.
Submodalidade MÓVETE + : crearanse coreografías e videos, fomentando a danza, o baile, movemento e creatividade.
Submodalidade XOGADE: actividade deportiva escolar,
xogos populares...
Submodalidade MILLA DIARIA
*
FÓRA DO CENTRO E DENTRO DO HORARIO LECTIVO:
- Participación en XOGADE ( Deporte
escolar- campo a través...).
- Actividades físico-deportivas do concello: correlingua...
*DENTRO
DO CENTRO E FÓRA DO HORARIO LECTIVO:
- Apertura de instalacións para uso
deportivo ( previa solicitude)
*Mestres participantes: Patricia Ramirez Mancebo (Primaria), Laura Lopez Blanco (Musica), Angeles Olalla Ferreiro Cao ( Primaria), Luis Miguel Cadavid Menor ( Infantil) e Xosé Rodriguez Iglesias (EF).
*Persoa coordinadora: Laura Pazos Pascual (mestra Educación Fisica e psicomotricidade)
Ningún comentario:
Publicar un comentario