luns, 8 de marzo de 2021

"A MULLER NO DEPORTE". 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

No día de hoxe fixeronse diferentes actividades no centro para conmemorar o día internacional da muller, adicado este ano a muller no deporte.



          

Impulsado dende o PDC e de maneira transversal, todo o centro implicouse nun traballo conxunto para coñecer a diferentes mulleres deportistas. Cada clase traballou unha muller deportista e fixo o seu respectivo mural para a posterior exposición conxunta.




Durante a xornada escolar tivemos a sorte de contar ca visita de mulleres deportistas, que son referentes para nenas e nenos. Mulleres que nos falaron das súas experiencias e que son exemplo da loita pola igualdade no deporte e na vida. 

A primeira hora Lucía Méndez acompañou a todo o alumnado a través dunha videoconferencia dende Almería. Despois visitaron o centro 3 xogadoras do Envialia Fútbol Sala e 4 xogadoras do Club Voleibol Ourense, que percorreron tódalas clases do centro, dende Educación Infantil ata Educación Primaria. 


                


















Grazas a todas elas por acompañarnos hoxe, 8 de Marzo no Ceip P. Albino Núñez: 

- Lucía Méndez: xogadora Ourensana, no ISE Costa de Almería Baloncesto. 

- Iria Saeta, Jenny Lores e Sara Moreno: xogadoras no Ourense Club de Futbol Sala, Envialia. 

- Antía Rodriguez, Nadia Ramos, Rebeca Kruse e Gladys Giráldez: xogadoras no Club Voleibol Ourense. 

LIBRO DIXITAL "A MULLER NO DEPORTE": traballo feito polo propio alumnado, ordenado por cursos dende educación infantil ata 6º de educación primaria. 


 

ALBUM "ECOPEREGRINOS NO BO CAMIÑO" (CURSO 2020/2021)

EDUCACIÓN INFANTIL                                                            EDUCACIÓN PRIMARIA                                           ...