.
luns, 14 de xuño de 2021
"ECOPEREGRINOS NO BO CAMIÑO" ( CAMIÑO DE SANTIAGO- VIA DA PRATA)
PROXECTO "ECOPEREGRINOS NO BO CAMIÑO"
O NOSO CAMIÑO DE SANTIAGO- VÍA DA PRATA
DENDE ESTE CURSO ESTAMOS A LEVAR A CABO NO CENTRO UN PROXECTO INTERDISCIPLINAR E TRANSVERSAL, ENMARCADO NO PDC (PLAN PROXECTA), ASÍ COMO NO PROXECTO VOZ NATURA E EN TÓDALAS ETAPAS EDUCATIVAS ( EI E EP).
Trátase dun proxecto educativo que abarca multitude de aspectos culturais e deportivos, así como actitudes, hábitos e valores relacionados co "Camiño de Santiago" (conmemorando o ano Xacobeo). Dende O PDC traballamos os aspectos deportivos e físicos do camiño a vez que desenrolamos a competencia motriz. Dende cada área e etapa educativa traballanse outros aspectos, desenrolando un traballo conxunto de todo o profesorado.
Creamos a nosa propia ruta dentro do recinto escolar ("Vía da Prata"), que consta de 16 etapas señalizadas (dende Sevilla ata Santiago), fixemos diferentes mapas da Via da Prata, un mural ou photocall con fotos do alumnado na Vía da Prata orixinal...representouse na biblioteca a Catedral de Santiago e hai na biblioteca escolar unha exposición de libros e bibliografía relacionada co camiño...
Escollimos esta etapa por ser a que pasa pola nosa cidade de Ourense e así poder continuar, nun futuro, co proxecto e facer parte do camiño real ou que o alumnado o poida facer fora nos tempos de lecer cas familias e amigos.
* Neste curso terán que superar unha serie de retos relacionados co camiño, conseguir o seu pasaporte do camiño e un selo en cada reto superado ata obter o "Diploma" final e a "Compostela" cando cheguen a "Santiago". Cada etapa educativa e curso terá adaptados os retos ao seu nivel, desenrolados dende a área de EF e Psicomotricidade. Neles ademais de retos físicos e aprender sobre o camiño, traballan valores, hábitos e actitudes como a amizade, a cooperación, saúde....
RUTA DA "VÍA DA PRATA"
ALBUM "ECOPEREGRINOS NO BO CAMIÑO" (CURSO 2020/2021)
EDUCACIÓN INFANTIL EDUCACIÓN PRIMARIA ...
-
No día de hoxe fixeronse diferentes actividades no centro para conmemorar o día internacional da muller, adicado este ano a muller no deport...
-
E chegou por fin o NADAL , pero claro, este NADAL é un pouco especial... non é posible xuntarnos nin participar nunha celebración conxunt...
-
Con este Flashmob, o alumnado e profesorado do Ceip P. Albino Núñez, conmemoramos o día Mundial do Deporte ( 6 Abril) e o día da Saúde ( 7 A...